Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Julián Cerviño: "Aesia situará A Coruña e Galicia como un dos referentes tecnolóxicos" | Gaiástech

Julián Cerviño: "Aesia situará A Coruña e Galicia como un dos referentes tecnolóxicos"

Julian_Cerviño_TVG

A Aesia é un organismo, pioneiro en toda Europa, e que situará a nosa comunidade como punto de referencia tecnolóxico español, europeo e internacional.

"Eu creo que é un broche, un recoñecemento ao traballo realizado en Galicia, traballo duro e con humildade", asegura o director de AMTEGA no informativo "Bos días" de Televisión de Galicia.

A Aesia trátase da primeira axencia estatal europea destas caractreísticas o que eleva aínda máis os obxectivos e esa esixencia de liderado e de converterse en referencia. Julian Cerviño director de AMTEGA, comeza salientando o "organismo situará a Coruña e a Galicia como un dos referentes tecnolóxicos".

Salienta despois Julián Cerviño o feito de que a cidade herculina se impuxese a outras cidades españolas para elixir a localización deste organismo: "A Xunta sempre pensou que a candidatura que se ía presentar sería unha 'candidatura de país', ese era o valor diferencial respecto de outras candidaturas".

A Unión Europea fixo especial fincapé en dotar as novas tecnoloxías dese carácter humanista:

  • "As tecnoloxías teñen unha parte humanista que hai que ter en conta", explica o director de AMTEGA.
  • "Con esta tecnoloxía, coa intelixencia artificial aínda temos que ser máis coidadosos, hai que ter claro as dimensións adicionais, como as relacionadas coa filosofía, co dereito, cos marcos éticos tamén terán cabida. É imprescindible que se teña en conta porque si que pode condicionar o xeito de darlle forma á sociedade".

"Para Europa é un factor diferencial respecto doutras potencias mundiais. É certo que os Estados Unidos tamén está intentado regulalo, pero Europa vai por diante, eu creo que por tradición histórica tamén", di Cerviño

Remata dicindo o director de AMTEGA que a ubicación de Aesia "é un broche, un recoñecemento ao traballo realizado en Galicia, traballo duro e con humildade".

Fuente: G24.gal - CRTVG