Un equipo de xuíces e enxeñeiros deseñan a posta en marcha de xulgados intelixentes | Gaiástech

Un equipo de xuíces e enxeñeiros deseñan a posta en marcha de xulgados intelixentes

ia_juzgados
  •  Xuíces dirixidos por Eloy Velasco e varios enxeñeiros están a deseñar un catálogo de ferramentas con intelixencia artificial para aplicar nos xulgados
  • O grupo de traballo, nomeado "Tecnología, Inteligencia artificial y administración de justicia", tamén está traballando na creación dunha oficina xudicial máis automatizada, para mellorar o acceso da cidadanía  e dar resposta rápida ás súas necesidades

Un grupo de traballo formado por seis xuíces e dous enxeñeiros, baixo o amparo do Consello Xeral do Poder Xudicial ( CGPJ), traballa xa na elaboración dun catálogo de ferramentas de intelixencia artificial que poidan aplicarse á Xustiza en España.

Neste marco, o servizo de formación do Poder Xudicial creou un grupo baixo o nome «Tecnoloxía, Intelixencia artificial e administración de xustiza» que ten como obxectivo, segundo fontes do  CGPJ, investigar a aplicación do blockchain para "algoritmizar e automatizar tarefas e decisións xudiciais". Liderándoo está o xuíz da Audiencia Nacional Eloy Velasco e con el un grupo de maxistrados escollidos de diferentes xurisdicións e con perfís orientados ao tecnolóxico para que cada cal achegue a súa visión sobre que é necesario e útil.

Fuente: La Razón