Cada vez faise máis necesaria a identificacion e autenticación dixital das persoas e entidades á hora de realizar todo tipo de trámites e xestións a través de Internet, pero a maioría das veces, as plataformas son difíciles de configurar e requiren de coñecementos avanzados, por exemplo Lexnet. Nós configuramos os seus equipos en todas as contornas (Windows, Mac e Linux) para realizar estas tarefas. Tamén realizamos formacións sobre certificados e firma dixital.
Categoría
Seguridade Informática \ Autenticación e certificación dixital