Coche conectado – asistencia á condución | Gaiástech

Coche conectado – asistencia á condución

Coche conectado

Operador

Logo Telefónica

Obxectivo

Ofrecer asistencia á condución para mellorar a seguridade dos vehículos que transiten por un túnel: aviso de condicións meteorolóxicas á saída, posibles anomalías no interior do túnel, accidente, pavimento en mal estado, etc.

Grazas á condución asistida, o condutor disporá de máis información para poder tomar decisións, mellorando deste xeito, a seguridade na condución.

Desenvolvemento

Asistencia á condución aos vehículos que van transitar polo túnel de Cereixal. A cobertura será tanto no interior coma no exterior do túnel:

  • Proporcionar cobertura 5G no túnel, e servidor MEC nas inmediacións
  • Instalar sensores IoT no túnel que permitirán monitorizar o estado do túnel: pavimento esvaradío, obras, gases, néboa ou sarabia no exterior, etc.
  • Instalar cámaras de análise de vídeo intelixente (mediante Intelixencia Artificial): detección de vehículos de mercadorías perigosas, clasificación, etc.
  • Utilizaranse tecnoloxías C-2VX para a comunicación, unha Unidade de Control no vehículo, e unha app para smartphone.

A baixa latencia que ofrece a tecnoloxía 5G é esencial cando se trata de comunicación vehiculares críticas, como é este caso.

Onde?

Túnel de Cereixal (Lugo).

Cando?

Xa finalizado.

Quen participa?

Sergas

Nokia

Ineco

PSA

CTAG

Entidades colaboradoras

Telefónica

Sergas

Nokia

Ineco

PSA

CTAG

Red.es