Emerxencias 5G

Operador
Obxectivo
Permitir o streaming de vídeo que evite a necesidade de dispoñer de comunicacións satelitais.
Desenvolvemento
Farase un despregamento de comunicacións 5G de gran largo de banda e baixa latencia para permitir o streaming de vídeo de múltiples cámaras a unha cloud cercana (Edge Computing) que evite a necesidade de dispoñer de comunicacións satelitais cando teñan que transmitir vídeo en eventos e situacións de emerxencia.
Farase un despregamento de cobertura 5G nunha zona destinada a eventos multitudinarios (Monte do Gozo) para realizar unha proba de campo.
Testearase o concepto de Network Slicing coas comunicacións de AXEGA, para asegurar unha calidade de servizo garantida en contornas de saturación.
Habilitaranse comunicacións 5G que permitan, en contornas saturadas de comunicacións móbiles, a transmisión de vídeo das cámaras que se despreguen para a supervisión dun evento.
Onde?
Monte do Gozo (Santiago de Compostela).
Cando?
As datas previstas son desde febreiro de 2020 ata decembro de 2020.
Quen participa?
AXEGA
NOKIA
Entidades colaboradoras
AXEGA
Xunta de Galicia