Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Industria 4.0 Asistencia na construción de buques | Gaiástech

Industria 4.0 Asistencia na construción de buques

Construcion buques

Operador

Logo Telefónica

Obxectivo

Beneficio do 5G e a capacidade de procesado do Edge Computing para permitir visualizar con Realidade Aumentada os pasos na construción dun barco, así como a supervisión a precisión do construído mediante escaneos 3D.

Desenvolvemento

Inclúense 3 casos de uso:

1. Asistencia técnica remota mediante Realidade Aumentada e modelos 3D para diagnose e soporte.

Mediante técnicas de Realidade Aumentada, un operario local non especializado podería realizar tarefas de reparación coa asistencia remota dun especialista.

2. Visualización precisa de pezas en escenario real para identificar problemas ou errores no deseño.

Verificar, dentro dun escenario real, como quedará unha peza deseñada antes de proceder á súa fabricación, podendo, por exemplo, verificar que unha tubaxe vai encaixar perfectamente nun habitáculo construído dun barco. Este caso de uso esixe a colocación, nunha imaxe de realidade aumentada, dunha peza con exactitude milimétrica.

3. Uso de 5G para o streaming de Scan 3D realizados sobre bloques de barcos en proceso de construción.

A construción de buques abórdase de forma modular: en “bloques”. Un aspecto crítico é a verificación de que cada un dos “bloques” vai encaixar á perfección cos demais. Neste caso de uso, estudarase a posibilidade de aproveitar o largo de banda de 5G para enviar esta información realizadas con scan láser 3D ao Edge Computing, de forma que se poida realizar este “levantamento de realidade en 3D” sen necesidade de ter computadores de gran capacidade no lugar da obra.

Onde?

Ferrol – Navantia.

Cando?

Finalizado.

Quen participa?

Navantia

Ericsson

Idronia

Cinfo

Entidades colaboradoras

Telefónica

Navantia

Ericsson

Idronia

Cinfo

Red.es