Mimetización de antenas 5G | Gaiástech

Mimetización de antenas 5G

Mimetizacion antenas

Operador

Logo Telefónica

Obxectivo

Deseñar e fabricar antenas de nova xeración para a banda de 3.5 GHz para os despregamentos 5G urbanos que requiran un baixo impacto visual.

Desenvolvemento

As antenas integradas coa contorna van xogar un papel fundamental nos novos despregamentos 5G na banda de 3.5Ghz. Os municipios buscan que as novas antenas sexan compatibles coa contorna urbana: antenas que simulen ser chemineas, farois ou mobiliario urbano substituirán, paulatinamente, aos paneis tradicionais para conseguir unha cidade cunha estética máis acorde.

Neste proxecto desenvolverase unha antena que se integre coa paisaxe dunha forma eficaz e elegante, como se fora unha cheminea. Ademais, permitirá a convivencia coa infraestrutura 4G existente.

Onde?

Lugo.

Cando?

En execución.

Quen participa?

Telnet

Nokia

Entidades colaboradoras

Telefónica

Telnet

Nokia

Red.es