Produción de TV 5G eventos deportivos

Operador
Obxectivo
Realización e emisión automática de eventos deportivos para dar cobertura mediática de baixo custo a eventos deportivos locais. O obxectivo deste proxecto é explorar as capacidades da rede 5G como medio de retransmisión de vídeo de varias cámaras de TV simultáneas.
Desenvolvemento
As cámaras activaranse automaticamente á hora programada do evento e despregarase na nube 5G (edge computing) unha sala de realización virtual, que poderá funcionar con ou sen necesidade de realizadores:
- No caso de realización humana, o operario poderá ser asistido mediante IA (Intelixencia Artificial) e manexar as cámaras de forma remota grazas a baixa latencia da rede 5G
- En modo automático: o software de realización de televisión (que se atopa no Edge da rede móbil) permitirá xerar un vídeo apto para o seu consumo
Aplicando esta tecnoloxía lograrase:
- Facer unha realización e retransmisión automática de eventos deportivos que non sexan multitudinarios.
- En localizacións onde non haxa cámaras instaladas previamente, poderase chegar ao lugar de forma inmediata sen necesidade de desprazar unha infraestrutura complexa.
Onde?
Estadio de Riazor (A Coruña) Cidade Deportiva Abegondo.
Cando?
En desenvolvemento.
Quen participa?
Ericsson
Cinfo
RC Deportivo
Entidades colaboradoras
Telefónica
Ericsson
Cinfo
RC Deportivo
Red.es