Slicing dinámico 5G

Operador
Obxectivo
Demostrar como as redes flexibles 5G permitirán dedicar capacidades a diferentes servizos e clientes.
Desenvolvemento
As redes 5G teñen que ser flexibles, escalables, programables e adaptables aos distintos requisitos de comunicación de forma dinámica, para un grupo de usuarios ou mesmo para cada usuario. Un dos conceptos clave que contribúen a satisfacelo é o Network Slicing, onde cada “slice” actúa como unha rede lóxica autocontenida. Por exemplo, pódense garantir as comunicacións para un servizo de emerxencias (comunicacións críticas, pero só utilizadas durante un período de tempo determinado) independentemente da saturación ou resto de servizos ofrecidos pola rede 5 G.
Neste piloto implementarase un demostrador sobre infraestrutura de laboratorio con 3 slices despregadas para ofrecer servizos diferenciados:
- Baixa latencia
- Alto ancho de banda
- Emerxencias
Onde?
Vigo.
Cando?
En execución.
Quen participa?
Cisco
Universidade de Vigo
Entidades colaboradoras
Telefónica
Cisco
Universidade de Vigo