Xestión do tráfico en infraestuturas | Gaiástech

Xestión do tráfico en infraestuturas

Xestion trafico infraestruturas

Operador

Logo Vodafone

Obxectivo

Conseguir unha mellora na xestión do tráfico comunicando a información entre vehículos e elementos da estrada.

Desenvolvemento

A infraestrutura será capaz de monitorizar vehículos e peóns e comunicar esta información aos vehículos que circulan próximos ou en dirección á intersección. Con esta información, os vehículos autónomos serán capaces de tomar decisións en base ao estado actual da intersección, rota a seguir, e predición da posición dos elementos detectados, conseguindo desta forma unha redución dos riscos en interseccións nas que poidan circular vehículos, viandantes e outros usuarios vulnerables.

Empregaranse diferentes vehículos de condución autónoma e conectada, que tomarán decisións autonomamente baseadas na información recibida polos seus sensores e procesada polo seu sistema de Intelixencia Artificial, así como pola interacción con outros usuarios e coa propia infraestrutura.

Isto permitirá acelerar a implantación de V2X, así como incrementar a seguridade e a comodidade dos vehículos autónomos, xerando unha mellora na xestión do tráfico, a mobilidade e o fluxo do tráfico, coa interacción do vehículo cos sensores e coa información das vías.

Onde?

Vigo (centro urbano).

Fronteira España-Portugal.

Cando?

En desenvolvemento.

Quen participa?

PSA

CTAG

Optare Solutions

Universidade de Vigo

Entidades colaboradoras

Vodafone

PSA

CTAG

Optare Solutions

Universidade de Vigo

Xunta de Galicia