5G COMO IMPULSO DA ECONOMÍA DIXITAL
Esta sesión será a primeira dun conxunto de actividades relacionadas co 5G impulsadas polo nodo 5g, o obxectivo desta sesión é establecer as bases para un coñecemento mínimo de cara as seguintes sesións nas que se mostrarán conceptos e prácticas coa rede 5G.
Programa:
- Evolución das tecnoloxías de comunicación celulares
- Principais características das tecnoloxías 5G
- Principais novidades tecnolóxicas
- Casos de uso e modos de aplicación
Interveñen
Organiza:
Nodo 5G - É UNHA INICIATIVA PARA PROMOVER E DINAMIZAR O SECTOR TIC GALEGO, MEDIANTE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN E NETWORKING PARA AGRUPAR AOS DIFERENTES AXENTES QUE POIDAN REQUERIR OU EXECUTAR PROXECTOS RELACIONADOS CO 5G.
En colaboración co Laboratorio 5G da Universidade de Vigo, Retegal e Amtega.
Impartido por

Felipe Gil Castiñeira
É profesor titular da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo e investigador en atlanTTic, o centro de investigación en Tecnoloxías das Telecomunicacións, onde traballa en tecnoloxías da comunicación sen fíos (especialmente no campo das redes 5G), tecnoloxías de núcleo de red, computación distribuída, sistemas integrados, computación ubicua e Internet das cousas. Ten numerosas publicacións, participación en proxectos internacionais, patentes (nacionais e internacionais) e direccións de teses de doutoramento nestes ámbitos.

Cando?
21 Dec 2022Onde?
Quen participa?
- Felipe Gil Castiñeira
Para quen?
- Profesionais do ámbito das telecomunicacións
- Emprendedores/as
- Estudantes