Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Programa formativo AceleraTech 2021 | Gaiástech

Programa formativo AceleraTech 2021

Centro GaiásTech

Consulta a lista de admitidos e de agarda no Programa Formativo AceleraTech 2021

A tecnoloxía democratizouse. Deixou de ser un ámbito pechado ás grandes corporacións para converterse nunha ferramenta ao alcance de practicamente calquera empresa, independentemente do seu tamaño e sector.

Con todo, e a pesar da accesibilidade e as vantaxes que ofrecen os diversos avances tecnolóxicos, estes seguen sendo grandes descoñecidos para moitas empresas. E mesmo moitas delas, aínda coñecendo estes avances, continúan a ser reticentes á súa adopción.

Para contribuír a paliar esta situación a Amtega, da man do IESIDE, presenta a quinta edición do Programa de Inmersión Tecnolóxica para Pemes, unha iniciativa de difusión, sensibilización e formación orientado a que as pemes galegas e o seu persoal directivo coñezan algunhas das novas tecnoloxías máis relevantes, así como os beneficios e os condicionantes necesarios para a súa translación á estratexia, estrutura e modelos de negocio. Todo iso cunha perspectiva moi experiencial, mostrando casos concretos e próximos de éxito que actúen como elemento motivador.

O perfil obxectivo do programa componse de persoal xerente e directivo, e propietarias/os de empresas. A súa efectividade depende fundamentalmente da asistencia de persoas con capacidade de decisión nos seus negocios, que poidan impulsar e liderar nestes unha transformación tecnolóxica real.

Para alcanzar os obxectivos propostos, preséntase un programa estruturado en 10 sesións formativas, de 4 horas de duración cada unha, e un taller práctico final de 8 horas de duración, nas que combinaremos dous tipos de ferramentas ou enfoques complementarios:

 

  • Fundamentos: da man de profesorado especialista, cada unha das sesións centrarase en mostrarlles ás persoas asistentes os conceptos e as ferramentas fundamentais dos avances tecnolóxicos obxecto do programa, as súas características, vantaxes e condicionantes, en función dos cales cada participante terá unha base obxectiva sobre a que analizar a idoneidade para a súa compañía.

 

  • Exemplos e experiencias: contaremos en cada sesión coa participación de persoal directivo de empresas que relatará a súa propia experiencia á hora de acometer a implantación tecnolóxica. Deste xeito, teremos unha visión máis próxima á realidade por parte das persoas asistentes.

 

Todas as sesións formativas desenvolveranse en horario de tarde (16:30h a 20:30h) salvo a sesión 11 que será en formato obradoiro de día completo (10:00h a 14:00h e de 16:30h a 20:30h) nas instalacións do GaiásTech, no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Programa:

Sesións Profesorado Horas Datas Horario
CONTORNA, ESTRATEXIA E NEGOCIOS DIXITAIS (I) Alvaro Gómez 4 26 Oct. 16:30 a 20:30
CONTORNA, ESTRATEXIA E NEGOCIOS DIXITAIS (II) Alvaro Gómez 4 28 Oct 16:30 a 20:30
BIG DATA, DATA SCIENCE E DATA MINNING Antía Fernández 4 2  Nov 16:30 a 20:30
INTELIXENCIA ARTIFICIAL E MACHINE LEARNING Antía Fernández 4 4  Nov 16:30 a 20:30
INTERNET OF THE THINGS E 5G (I) Luís Pérez Roca 4 9  Nov 16:30 a 20:30
INTERNET OF THE THINGS E 5G (II) Luís Pérez Roca 4 11 Nov 16:30 a 20:30
BLOCKCHAIN (I) Pablo López 4 16 Nov 16:30 a 20:30
BLOCKCHAIN (II) Pablo López 4 18 Nov 16:30 a 20:30
CIBERSEGURIDADE Alvaro Gómez 4 23 Nov 16:30 a 20:30
ÉTICA E PRIVACIDADE DOS DATOS Alvaro Gómez 4 25 Nov 16:30 a 20:30
CONSTRUÍNDO A TRANSFORMACIÓN DIXITAL DA
PEME: TALLER LEGO® SERIOUS PLAY®

Gonzalo Garre
Juli Molares

8 30 Nov 10:00 a 14:00 e de 16:30
a 20:30

 

Interveñen

Organiza:

Amtega e IESIDE Business Institute

Máis Información

Descarga do dossier do programa formativo

As prazas para participar neste programa formativo son limitadas (habilitaranse 25 prazas), polo que se inicia un proceso de preinscrición que permanecerá aberto desde o 1 de agosto até o 30 de setembro ás 18.00 horas.

A preinscrición debe realizarse a través do seguinte formulario.

As candidaturas recibidas valoraranse tendo en conta os siguientes criterios de selección
e a súa baremación:

  • Tipo de empresa / entidade
  • Ocupación
  • Perfil
  • Tamaño da empresa
  • Asistencia a actividades do GaiásTech / CDTIC

En caso de empate priorizará o perfil da persoa solicitante. Buscarase paridade de xénero.

Un asistente por empresa (solicitude con puntuación máis alta e, en caso de empate, última presentada)

Tendo en conta o anterior, a Amtega seleccionará 25 participantes.

Requírese unha fianza de 300 €, que se recuperará en caso de acreditar o aproveitamento do 85 % das horas de formación ao finalizar o curso.

aceleratech

Cando?

26 Out 2021 - 30 Nov 2021
11 sesións de 16:30h a 20:30h

Onde?

Centro GaiásTech

Para quen?

Xerentes, propietarios de empresas e directivos de pemes. Persoas con capacidade de decisión nas súas empresas, que poidan impulsar e liderar nas mesmas unha transformación tecnolóxica real.