Analizar datos de consumo con InfluxDB e node-RED
Este taller está deseñado para profundar no manexo e análise de grandes volumes de datos temporais utilizando InfluxDB, integrado coas ferramentas configuradas previamente: MQTT e Node-RED. Os participantes aprenderán como almacenar datos de consumo de enerxía nunha base de datos de series temporais e como utilizar Node-RED para procesar e visualizar estes datos de maneira eficaz e eficiente. Este curso é ideal para aqueles que buscan mellorar a súa capacidade para traballar con arquitecturas de datos complexas e aplicacións de IoT.
Programa:
- Introdución a InfluxDB
- Que é InfluxDB e por que usalo?
- Conceptos básicos de bases de datos de series temporais.
- Preparación da contorna de traballo con MQTT e Node-RED
- Integración de InfluxDB con MQTT
- Visualización e procesamento de datos con Node-RED
Organiza:
NODO 5G - É UNHA INICIATIVA PARA PROMOVER E DINAMIZAR O SECTOR TIC GALEGO, MEDIANTE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN E NETWORKING PARA AGRUPAR AOS DIFERENTES AXENTES QUE POIDAN REQUERIR OU EXECUTAR PROXECTOS RELACIONADOS CO 5G.
Impartido por
Marc Badosa Samsó
Estudou un grao en multimedia, máster en intelixencia artificial e en visión por computador. Referente experiencia profesional, ano e medio de desenvolvedor “full-stack” utilizando computación na nube e actualmente investigador en intelixencia artificial.
Cando?
30 Mai 2024Onde?
Quen participa?
- Marc Badosa Samsó
Para quen?
- Docentes en tecnoloxía ou ciclos formativos técnicos
- Alumnado
- Profesionais das telecomunicacións ou sector TIC