Xestión administrativo-loxística dunha empresa con Odoo ERP
O obxectivo da sesión é coñecer unha das aplicacións de software libre para a xestión de empresas máis populares .
Programa:
- Introdución ao ERP de software libre Odoo
- Exemplos prácticos de Procesos de Xestión na aplicación Odoo:
- Vendas de servizos e produtos
- Compras
- Xestión de Almacén
- Facturación
- Xestión de Fabricación
- Xestión de persoal
Imparte:
Anubía
Anubía é unha compañía que promove a dixitalización das empresas a través de Odoo. Conta con máis de 10 anos de experiencia en Odoo e máis de 75 proxectos de implantación de Odoo en toda clase de sectores: alimentación, fabricación/produción, distribución, enxeñería, automoción, educación...
Organiza:

Agasol (Asociacion de empresas galegas de software libre)
Agasol é unha iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación non só para acadar maiores oportunidades de negocio, senón tamén para acadar unha maior interlocución entre o sector e outros axentes da economía, da administración e da sociedade. Ademais, procuramos un modelo de sociedade do coñecemento no que resulte clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles ese progreso.
Levamos en Galicia desde o ano 2007 e actualmente traballamos con empresas e gobernos de distintas partes de España, como Madrid, Andalucia, País Vasco, etc é en 20 países do mundo, como Corea do Sur, Xapón, USA, Finlandia,, etc e en 4 continentes
Cando?
05 Out 2021Onde?
Quen participa?
- Anubía
Para quen?
Persoas relacionadas coa xestión empresarial