Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Arquitectura e fluxo de datos nun sistema IoT: do dispositivo á nube | Gaiástech

Arquitectura e fluxo de datos nun sistema IoT: do dispositivo á nube

Streaming
Imparte: UVigo atlanTTIC

Esta xornada presenta a arquitectura completa dun sistema IoT seguindo o percorrido dos datos desde a súa xeración en sensores e dispositivos ata o seu procesamiento, almacenamento, visualización e utilización por parte das aplicacións. Analizaranse os principais elementos que interveñen neste fluxo —dispositivos, redes de acceso, gateways, plataformas IoT, backend e frontend— e a función que desempeña cada un deles dentro dunha solución IoT.

A partir dunha visión práctica e orientada a aplicacións reais, estudaranse tamén diferentes alternativas para implementar os servizos necesarios para a xestión e explotación dos datos, incluíndo solucións open-source. Finalmente, abordaranse os paradigmas de Edge Computing e Cloud computing, analizando cando resulta máis conveniente procesar a información preto dos dispositivos e cando facelo na nube.
 

Programa:

Introdución. Arquitectura extremo a extremo dun sistema IoT

  • Compoñentes dun sistema IoT. Fluxo de datos dunha aplicación IoT.

Arquitectura dun dispositivo IoT

  • Sensores e actuadores. Microcontrolador. Interfaces de comunicación. Alimentación e xestión enerxética. Software e firmware.

Conectividade e rede IoT

  • Comunicación entre os dispositivos e a infraestrutura IoT. Gateways e pasarelas. Acceso directo e indirecto a Internet.

Arquitectura dunha aplicación IoT

  • Backend e frontend. Adquisición, procesamiento e almacenamento de datos. APIs e integración con outros sistemas. Visualización, cadros de mando e xestión de dispositivos. Plataformas e solucións IoT open-source

Edge Computing e Cloud computing

  • Procesamiento no dispositivo, no bordo e na nube. Vantaxes, limitacións e criterios para decidir onde procesar os datos.

Imparte:

Organiza:

Nodo Galego de Conectividade. Conectivi.gal

É unha iniciativa para promover e dinamizar o sector TIC galego, mediante actividades de formación e networking para agrupar aos diferentes axentes que poidan requerir ou executar proxectos relacionados coa conectividade.

iot

Cando?

19 Nov 2026
De 17:00 a 20:00

Onde?

Streaming

Quen participa?

  • UVigo atlanTTIC