Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Automatiza, Conecta, Protexe. Xornada práctica de seguridade industrial para o tecido de Galicia | Gaiástech

Automatiza, Conecta, Protexe. Xornada práctica de seguridade industrial para o tecido de Galicia

Presencial (Centro GaiásTech) e Streaming
Imparte: Grupo Sermicro

A transformación dixital da industria galega non pode esperar. Pero facela sen ciberseguridade é como navegar sen cartas de navegación.

En Galicia, reunimos nun mesmo espazo —presencial e en streaming— aos responsables de planta, directores de operacións, CIOs e técnicos de automatización para abordar o gran desafío da industria conectada: como asegurar a automatización sen frear a innovación.
 

Programa:

Ao longo desta sesión práctica, cunha duración de 4 horas, trataranse as seguintes cuestións:

  1. Demostracións en directo de como a Intelixencia Artificial e os Sistemas SOC poden detectar unha ameaza nunha liña de produción antes de que pare a planta.
  2. Casos reais de seguridade en contornos de IoT industrial, aplicables a pemes e grandes empresas.
  3. Un workshop participativo onde levaremos un problema real sobre a mesa e deseñaremos entre todos unha estratexia de defensa para contornas OT.

A media mañá haberá un descanso para o café e o espazo de networking.

Imparte:

Grupo Sermicro

empresa integradora de referencia en Solucións e Servizos no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC). Ofrecemos unha longa experiencia avalada pola confianza que os nosos clientes depositaron en nós durante máis de 30 anos.

seguridad industrial

Cando?

12 Mar 2026
De 09:30 a 13:30

Onde?

Presencial (Centro GaiásTech) e Streaming

Quen participa?

  • Grupo Sermicro

Para quen?

Para as que están a automatizar, para as que xa o fixeron e queren protexerse, e para as que empezan agora e necesitan facelo ben desde o primeiro día.