Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Automatización de procesos loxísticos | Gaiástech

Automatización de procesos loxísticos

Presencial (Centro GaiásTech)

PRAZAS LIMITADAS, CONFIRMARASE A SÚA INSCRICIÓN OS DÍAS PREVIOS

O obxectivo da sesión é mostrar como a Intelixencia Artificial pode mellorar a eficiencia e competitividade das empresas do sector da biomasa. Abordaranse conceptos clave e aplicacións prácticas da IA, ferramentas accesibles como Power Automate, ChatGPT ou Notion AI, e casos reais que amosan o seu impacto en procesos como a xestión loxística, o seguimento de pedidos ou a automatización de informes.

Programa:

  1. Automatización documental
    • Recepción e clasificación de pedidos mediante IA.
    • Lectura intelixente de albarás e facturas con OCR e IA.
  2. Xestión de stock intelixente
    • Predición de rotura de stock.
    • Automatización de pedidos a provedores.
  3. Rastrexabilidade e loxística intelixente
    • IA para a análise e optimización de roteiros.
    • IA na planificación de entregas e almacéns.
  4. Aplicación práctica sobre casos reais
    • Como unha empresa mediana pode aplicar ferramentas sen grandes investimentos.
    • Casos de uso aplicados a industrias españolas (ENCE, Foresa, CEMEX).
  5.  Quenda de preguntas
     

Imparte:

Cluster da biomasa de Galicia

Asociación sen ánimo de lucro, constituída en febreiro de 2021, que agrupa empresas, entidades públicas e privadas, e outros actores crave do sector da biomasa en Galicia.

Impartido por

matías_Nuñez
Matías Nuñez

Director de arte publicitaria, deseñador de imaxe e son, e UX & Product Designer con máis de 15 anos de experiencia en empresas nacionais e multinacionais. Profesor e formador de equipos na incorporación de ferramentas de IA, especializado en melloras operativas, desenvolvemento de bases de coñecemento e implementación de solucións de intelixencia artificial 

Máis Información

Entregarase un certificado de asistencia, para o control de asistencia pasarase unha folla de firmas á entrada e á salida da sesión de capacitación.

IA GENERATIVA BIOMASA

Cando?

22 Xan 2026
De 16:00 a 20:30

Onde?

Presencial (Centro GaiásTech)

Quen participa?

  • Cluster da biomasa de Galicia
  • Matías Nuñez

Para quen?

Profesionais e empresas do sector forestal e da biomasa, profesionais de enxeñarías forestais e consultaría da industria, estudantes de grado ou máster relacionados co sector forestal e da biomasa, así como outros profesionais e técnicos con interese nas temáticas ofertadas.