Blindando as PEMES: Laboratorio e centro demostrador de ciberseguridade en produtos con elementos dixitais da Xunta de Galicia
Esta xornada nace coa misión de fortalecer a resiliencia do tecido empresarial galego fronte ás ameazas do contorno dixital. Nun momento de transformación tecnolóxica acelerada, este evento persegue tres obxectivos estratéxicos:
- Concienciación Práctica: Superar a barreira da teoría mediante exercicios reais de suplantación de identidade, amosando como funcionan os ataques na actualidade e como as empresas poden identificalos antes de que sexa tarde
- Capacitación Normativa (Directiva NIS2): Descodificar o impacto real da nova normativa europea nas pemes galegas, proporcionando as claves, medidas de cumprimento e recursos necesarios para adaptarse ás novas esixencias legais de seguridade.
- Conexión e Colaboración: Consolidar o Laboratorio e centro demostrador de ciberseguridade en produtos con elementos dixitais da Xunta de Galicia como o aliado estratéxico das empresas, creando un espazo de networking onde compartir medos, experiencias e solucións técnicas entre o sector público, expertos en ciberseguridade e o ecosistema empresarial.

Programa:
9:00 a 9:30 Recepción e rexistro asistentes – Café
9:30 a 9:45 Benvida institucional
- Damián Rey Rodríguez. Director da Amtega
9:45 a 9:50 Presentación axenda xornada.
- Manuel Ángel Alonso. Director Territorial de Telefónica Territorio Norte.
9:50 a 10:30 Exercicio real de suplantación | “A trampa perfecta: así funciona unha suplantación real”
- Jose Luis Fueyo, Consultor en Proofpoint.
10:30 a 11:00 Introdución ao mundo da ciberseguridade | “Realidade e futuro da ciberseguridade na PEME”
- Maria Rodríguez Castro. Consultora de Ciberseguridade de Telefónica
11:00 a 11:30 CiberCafé: Intercambio de experiencias entre PEMEs
11:30 a 12:30 Descodificando a NIS2 | “Impacto real no tecido empresarial”
- Jaume Bigas Vence. Formador Proxecto Concienciación para PEMES. AMTEGA
12:30 13:30 Mesa redonda | “E agora que? Riscos e oportunidades”
- Modera: Maria Rodríguez Castro. Consultora de Ciberseguridade de Telefónica
- Ponentes:
- Ana Alonso: Vicedirectora Xeral en CITIC HIC Gándara Censa
- Diana Fajardo: Fotógrafa
- Cristina Segade Rodriguez: C.M Galanas S.L.
13:30 Xantar: Ciber & Tapas: Tecendo alianzas.
Organiza:
Cando?
10 Mar 2026Onde?
Para quen?
PEMEs, asociacións e entidades públicas.