Boas prácticas na compartición dos tendidos de alumeado público municipal no despregue de Fibra Óptica dos operadores de telecomunicacións
Programa:
Sesión en liña, áxil e resolutiva sobre aspectos relativos á viabilidade do despregue de infraestruturas de fibra óptica por tendidos de alumeado público municipais en zonas que non dispoñen doutra infraestrutura
Impartido por

Javier Fernández Fraga
Enxeñeiro de telecomunicación, libre exercente con ampla experiencia en proxectos de Infraestruturas Comúns de Telecomunicación e Fogar Dixital. Posúe unha extensa traxectoria profesional materia de asesoramento a entidades locais e realización de informes técnicos e periciais. Participa ademais activamente nas iniciativas do Colexio e a Asociación en apoio do colectivo de enxeñeiros de telecomunicación e é membro da xunta de goberno territorial do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.

Cando?
20 Xul 2023Onde?
Quen participa?
- Javier Fernández Fraga
Para quen?
Responsables de urbanismo, telecomunicacións e infraestruturas dos CONCELLOS