Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

CANCELADO: #MércoresDDatos - Como automatizar: sentando as bases con NixOS e Scala CLI | Gaiástech

CANCELADO: #MércoresDDatos - Como automatizar: sentando as bases con NixOS e Scala CLI

Centro GaiásTech

Moitas das tarefas que realizamos no día a día poden ser parcial ou totalmente automatizadas. Algunhas ferramentas de AI buscan dar resposta a esas necesidades. Nesta charla veremos como se poden configurar e automatizar certos procesos sen necesidade de recorrer a ferramentas complexas - como as de AI - de forma totalmente gratuíta.
 

Programa:

  • Mesa redonda con noticias sobre témasvos tratados nas presentacións
  • 1ª Charla. NixOS: Todo en todas partes ao mesmo tempo
    • Descrición: Esta charla presenta NixOS, unha distribución de Linux que redefine a forma en que os usuarios experimentan o equilibrio entre estabilidade e características dun sistema operativo. A diferenza doutras distribucións, NixOS permite configurar e reproducir todo o sistema desde un só arquivo, ofrecendo unha cantidade incomparable de paquetes novos e a capacidade de reverter cambios problemáticos con facilidade. Esta capacidade garante entre outras cousas, aos seus usuarios para gozar das últimas innovacións sen comprometer a estabilidade do seu sistema. Podendo facer rollback en calquera momento.
    • A presentación explora como NixOS supera a outras distribucións populares, como Arch Linux, ao proporcionar unha contorna de desenvolvemento seguro e reproducible. Ademais, destácase a simplicidade e eficiencia do xestor de paquetes, que permite unha configuración do sistema máis manexable.
  • 2ª Charla: Scripting para a limpeza de datos con Scala-CLI
    • Descrición: O ecosistema de Scala 3 está a crecer cada vez máis e xa ofrece ferramentas estables e sinxelas para abordar tarefas repetitivas de forma segura, eficiente e robusta.
    • Durante a charla expoñerase un caso de uso de limpeza de datos que leva a cabo coas nova ferramentas de scripting para Scala3 - Scala-CLI - e varias librerías sinxelas que fan máis versátil a tarefa.
       

Imparte:

AI & Data Insights Hub Galicia

É o punto de encontro para apaixonados da análise de datos, manexo de datos, presentación de datos e intelixencia artificial.

Este grupo está deseñado para reunir a profesionais, entusiastas e curiosos que comparten un interese común en explorar as fronteiras do mundo dos datos.
 

swprogram

Cando?

19 Xuñ 2024
De 17:30 a 19:30

Onde?

Centro GaiásTech

Quen participa?

  • AI & Data Insights Hub Galicia

Para quen?

Todos os públicos