CheckJC, o cumprimento das obrigacións legais e a dixitalización de procesos no ámbito dos RRHH | Gaiástech

CheckJC, o cumprimento das obrigacións legais e a dixitalización de procesos no ámbito dos RRHH

Streaming
Imparte: InfoJC

 Inscrición

A dixitalización das empresas é unha necesidade para lograr a evolución dos negocios. Debido a que a innovación avanza a pasos axigantados, a introdución de novas tecnoloxías permite crear un ambiente de negocios competitivo e abrir as portas a novas oportunidades de xestión das persoas. 

A obrigación empresarial do rexistro de xornada de todos os traballadores, independentemente do seu tamaño, ou do tipo de xornada que realicen, convértese nunha oportunidade para dispor de información en tempo real que facilite a toma de decisións, á vez que facilita o cumprimento doutras obrigacións legais como a Lei de desconexión dixital, o Regulamento de Protección de Datos ou os Plans de igualdade.

Programa:

  • Tecnoloxías para converter as obrigacións legais empresariais nunha oportunidade. Jorge Cebreiros Arce. Socio Director InfoJC
  • Quenda de preguntas
  • Café virtual (privado)*

* O café virtual é un espazo ao finalizar a xornada para que os asistentes podan falar co relator de forma máis directa, non se grava nin se emite
 

Interveñen

Imparte:

InfoJC

InfoJC, empresa do sector TIC especializada no deseño e desenvolvemento de plataformas dixitais que resolven necesidades empresariais por medio da Innovación e a Especialización.

Checkjc

Cando?

05 de Abril de 2022
10:00h

Onde?

Streaming

Quen participa?

InfoJC

Para quen?

Directivos de empresas, Autónomos y responsables de administración o de Recursos Humanos.