Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Ciberseguridade hoxe: ameazas actuais e retos da era post-cuántica. | Gaiástech

Ciberseguridade hoxe: ameazas actuais e retos da era post-cuántica.

Streaming
Imparte: ITG

A charla ofrecerá unha introdución accesible ao panorama actual da ciberseguridade, abordando os principais ciberataques, as súas consecuencias e o papel da intelixencia artificial e do factor humano.

Presentaranse ademais medidas de protección alcanzables e os novos desafíos expostos pola computación cuántica. Finalmente, introduciranse ARQADE, a criptografía post-cuántica e a distribución cuántica de claves como solucións para protexer as comunicacións do futuro.
 

Programa:

  • Ciberseguridade e por que é importante
  • Exemplos de ciberataques e as súas consecuencias nas organizacións
  • Principais ameazas actuais
  • A IA como actor crave en ciberseguridade 
  • Importancia do factor humano
  • Medidas básicas e alcanzables de protección
  • ARQADE e seguridade cuántica
     

Imparte:

ITG

é un centro tecnolóxico privado que, desde 1991, impulsa a competitividade empresarial mediante tecnoloxía, innovación e I+D. Conta con capacidades avanzadas en intelixencia artificial, enerxía, mobilidade non tripulada e computación cuántica. Neste ámbito, é Centro de Excelencia Cervera desde 2023 e participa en dous proxectos estratéxicos: ARQA, orientado a aplicacións de computación cuántica para a empresa, e ARQADE, centrado en computación cuántica accesible e dual para Defensa e sectores estratéxicos.
 

Impartido por

David Martín Castro
David Martín Castro

é enxeñeiro informático con máster en Ciberseguridade pola Universidade Carlos III de Madrid. Actualmente traballa como Enxeñeiro de I+D en Comunicacións Cuánticas en ITG, onde participa no desenvolvemento de solucións de ciberseguridade baseadas en criptografía post-cuántica (PQC) e distribución cuántica de claves (QKD). Tamén conta con experiencia previa no ámbito de defensa, desenvolvendo sistemas seguros.

ciberIA

Cando?

15 Dec 2026
De 10:00 a 11:00

Onde?

Streaming

Quen participa?

  • ITG
  • David Martín Castro

Para quen?

Empresas do ámbito civil, seguridade e defensa interesadas en incorporar Intelixencia artificial e tecnoloxías cuánticas aplicada á ciberseguridade para detectar ameazas, anticipar riscos, automatizar a resposta e reforzar a protección dos seus sistemas, datos e activos dixitais.