Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

CITIC Cyber Competition | Gaiástech

CITIC Cyber Competition

Presencial e Streaming
  • O próximo 23 de febreiro terá lugar o C3TF – CITIC Cyber Competition, unha competición de ciberseguridade organizada polo CITIC en colaboración con atlanTTic, a Cátedra R en Ciberseguridade e o MUNICS.
  • Celébrase presencialmente no CITIC e atlanTTIc, e tamén en modalidade online.
  • O evento está destinado a estudantes, de calquer nivel, e poden apuntarse en equipos de entre 1 e 5 persoas co obxectivo de poñer a proba as súas  habilidades no ámbito da seguridade informática.
  • Haberá premios para os tres equipos gañadores, por valor de 1000 €, 700 € e 300 €,  e agasallos para todos os participantes en modalidade presencial.

Programa:

15:30 h – 16:00 h.- Mesa de apertura:

  • Manuel F. González Penedo, director do CITIC da Universidade da Coruña
  • Martín Llamas Nistal, director de atlanTTic da Universidade de Vigo
  • Mariano Cabrero Canosa, decano da Facultade de Informática da UDC 
  • Alfredo Ramos González, director de R e grupo MASMOVIL en Galicia

16:00 h – 20:00 h.- Desenvolvemento da competición. Os equipos participantes deberán resolver diferentes retos de ciberseguridade.

20:00 h – 20:30 h.- Entrega de premios e clausura:

  • Francisco Javier Nóvoa Manuel, coordinador do MUNICS na Universidade da Coruña
  • Ana Fernández Vilas, coordinadora do MUNICS na Universidade de Vigo

20:30 h.- Catering

CITIC Cyber Competition

Cando?

23 Feb 2022
15:30h a 20:30h

Onde?

Presencial e Streaming

Para quen?

Estudantes de todos os niveis que desexen desenvolver os seus coñecementos en seguridade informática e poñer a proba as súas habilidades neste eido.