Mensaxe de aviso
Please go to manage Open ReadSpeaker and fill the customer ID.Como abordar un proxecto de “Transformación Dixital” con éxito. Como obter Retorno en Desenvolvemento do teu negocio.
Porque un proxecto de transformación dixital é un proxecto estratéxico que calquera organización deberá abordar máis pronto que tarde e debe ser necesariamente abordado de forma planificada, transversal e dividido en fases e obxectivos claramente definidos a curto, medio e longo prazo.
Os obxectivos da sesión serán proporcionar unha visión práctica, estratéxica e executiva de como implantar na organización “A Transformación Dixital” plena e disruptiva:
- Cales son as súas fases, os seus riscos e beneficios.
- Cales son as diferentes axudas dispoñibles para este tipo de proxectos.
Programa:
- Transformación Dixital nos Procesos Estratéxicos de Negocio.
- Cultura da Transformación Dixital no equipo Humano.
- Fomento de estados colaborativos na organización .
- Cultura de Datos na organización.
- Estados e fases Tecnolóxicas.
- Quenda de preguntas
- Café virtual
Imparte:
Aaccentia
Axente Dixitalizador Homologado para as axudas Kit Dixital de Red.es
Empresa consultora situada en Vigo con máis de 20 anos de experiencia no deseño, implantación e acompañamento en proxectos e procesos de Transformación Dixital.
Conta cunha ampla experiencia no deseño e implantación de procesos e estratexias de desenvolvemento de negocio a través da dixitalización transversal da organización, focalizados de forma continua cara ao retorno do investimento a través da xeración e optimización de recursos.
Cando?
10 Mai 2022Onde?
Quen participa?
- Aaccentia
Para quen?
Empresas que desexen abordar un proxecto de “transformación dixital” planificado cara aos obxectivos de crecemento de negocio.