Como concienciar a plantilla sobre a ciberameaza existente? O factor humano como clave da ciberseguridade. | Gaiástech

Como concienciar a plantilla sobre a ciberameaza existente? O factor humano como clave da ciberseguridade.

Retransmisión en liña

INSCRÍBETE

Actividade enmarcada no contexto do grupo de traballo de empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de ADENDA, entidade adherida a CIBER.gal, e a Deputación de Ourense, entidade fundadora de CIBER.gal.

Programa:

Charla de concienciación onde a finalidade será crear conciencia da importancia da ciberseguridade, así como coñecer os seus riscos nas pemes.

A sesión conta cos seguintes obxectivos:

  • Concienciar e sensibilizar sobre a importancia da ciberseguridade. 
  • Fomentar o uso de boas prácticas entre pemes, micropemes e autónomos.
  • Trasladar os riscos de ciberseguridade existentes nas pemes.
  • Explicar como o factor humano segue a ser o vector de ataque principal e o eslabón mais feble da ciberseguridade.
  • Trasladar a especial incidencia que supón un ciberataque sobre a protección de datos persoais.

O desenvolvemento e a axenda da sesión presentan a seguinte estructura:

  • Concepto de Seguridade / Ciberseguridade.
  • En que se basea a Ciberseguridade?
  • Responsabilidades e prexuízos (estafas, perda de datos, parte legal).
  • Tipos de riscos e ataques.
  • Exemplos dos anteriores.
  • Solucións.
  • Vantaxes de ter formación e políticas de Ciberseguridade

Interveñen

Imparte:

Organiza:

AdendaDep. Ourense

Impartido por

Diego Estévez García
Diego Estévez García

Socio Director en ADENDA Consultoría Jurídica 

Máis Información

Pode consultarse o material empregado na sesión aquí.

Actividad ADENDA

Cando?

15 de Xuño de 2022
18:00h a 19:00h

Onde?

Retransmisión en liña

Quen participa?

ADENDA - Consultoría Jurídica Diego Estévez García

Para quen?

Profesionais e directivos de pemes e micropemes, e autónomos interesados en coñecer as necesidades e ventaxas de empregar medidas de ciberseguridade.