Como conseguir os primeiros clientes - #MesD Formación en competencias para a transformación dixital
Centro GaiásTech
Imparte:
Programa Crear Futuro - Red.es
- Conseguir clientes que se manteñan fieis á marca mediante estratexias de fidelización eficaces.
- Comprender o papel do cliente nun contorno dixital e valorar as técnicas para implementar unha estratexia de mercadotecnia dixital.
- Comprender a importancia de medir resultados e optimizar as accións en liña como proceso de mellora continua para acadar obxectivos empresariais, mediante o deseño e implementación dunha campaña de captación de clientes.
Programa:
- Módulo 1. Introdución.
- Módulo 2. Métricas. Como calcular os resultados do marketing.
- Módulo 3. Canles de tracción de clientes.
- Módulo 4. Metodoloxías de selección de canles.
- Módulo 5. Pitching para a venda.
Interveñen
Imparte:

Programa Crear Futuro - Red.es
Crear Futuro forma parte da iniciativa Profesionais Dixitais de Red.es, enmarcada na área de Talento das liñas de actuación do Plan Estratéxico 2020-2022 de Red.es, cuxo fin é mellorar a empregabilidade, impulsando e favorecendo a adquisición de competencias para a transformación dixital grazas ao manexo das novas tecnoloxías dixitais.

Cando?
25 de Xaneiro de 2022
16:30 - 20:30
Onde?
Centro GaiásTech
Quen participa?
Programa Crear Futuro - Red.esPara quen?
- Profesionais que participen nos procesos de dixitalización e transformación dixital das súas empresas.
- Profesionais que requiran actualizar a súa formación e incorporar as competencias dixitais para mellorar o seu desenvolvemento profesional ou a súa situación laboral.
- Profesionais con inquietude emprendedora ou que aspiren a iniciar novos negocios dixitais (emprendedores que demandan formación).