Como protexer a miña PEME fronte ós ciberataques?
Actividade enmarcada no contexto do grupo de traballo de empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de Computer-3, entidade adherida a CIBER.gal, e a Deputación de Lugo, entidade fundadora de CIBER.gal.
Programa:
Nos últimos tempos incrementáronse sustancialmente os ciberataques nas empresas, independientemente do seu tamaño e a súa actividade. Ante esta situación, resulta cada vez máis preciso coñecer as pautas básicas de protección ante os ciber riscos, as claves para protexer os datos da organización, así como os medios aos que recorrer, tanto para evitalos como no caso de sufrilos.
Esta actividade conta con dous obxectivos fundamentais. Por unha parte, dar a coñecer os principais tipos de ciber ataques e cómo evitalos, por outra; amosar as principais fontes de información no campo da seguridade da información das cales facer uso ante calquera dúbida.
Nesta xornada abordaranse, dende un punto de vista práctico, ambos temas, incluíndo un espazo ao final da exposición adicado ás preguntas por parte dos asistentes.
Desenvolvemento da xornada:
18:45h: Recepción de asistentes
19:00h: Benvida - Deputación de Lugo
19:05h: Relatorio - José Luis Extremeiro, Cloud Architect, Cloud Admin, CTO en Computer-3
- Cáles son as amenazas e os ataques máis habituais e como protexernos.
- Ataques ás contrasinais.
- Ataques de suplantación de identidade.
- Ransonware.
- A conciención como ferramenta de prevención.
- Incibe.es
- Osi.es
- CCN
- Resolución de dúbidas dos asistentes
20:00h: Fin da xornada
Interveñen
Imparte:

Computer-3|softwariza3
É unha consultora tecnolóxica con máis de 35 anos de experiencia na transformación dixital de empresas e despachos profesionais. Achegamos valor a cada un dos nosos clientes optimizando os seus procesos. A nosa experiencia acumulada en diversas áreas e a constante adaptación ás novas tecnoloxías permítenos estar capacitados para executar unha gran variedade de proxectos que afectan a un importante núcleo de sectores, co fin de adaptar e adecuar as empresas ás novas tecnoloxías.
Organiza:
Impartido por


Cando?
Onde?
Quen participa?
Computer-3|softwariza3 José Luis ExtremeiroPara quen?
Profesionais e directivos de pemes galegas interesados en como poder protexer a súa organización ante as ameazas da rede.