Como xestionar unha empresa de construción, instaladora ou de xestión de proxectos con SQL Obras.
O obxectivo da sesión é dar a coñecer como un sistema de proxectos ERP que integra e automatiza os principais procesos e datos da empresa nunha soa plataforma, facilitando deste xeito a xestión e organización da compañía.
Un sistema de xestión ERP modular, altamente parametrizable e adaptado ás últimas normativas fiscais e legais que permitirá as empresas constructoras e instaladoras administrar os seus proxectos.
Neste evento presentaremos unha ferramenta ERP específica para o sector da construcción, e amosaremos cómo administrar unha empresa constructora, instaladora ou de xestión de proxectos con SQL Obras.
Programa:
- Presentación do SQL Obras programa especifico para empresas de proxectos.
- Departamento comercial. CRM.
- Orzamentos.
- Ciclos de compras e subcontratas.
- Proxectos.
- Gastos Xerais e análise económica.
- Imputacions.
- Ferramentas de Movilidade.
- Certificacións e facturación.
- Xestión de fabricación.
- Xestión de reparacións.
- B.I.
- Quenda de preguntas.
Organiza:
Team System | Distrito K
Pertencente ao grupo Team System, é unha empresa galega cuxa sede está situada na Coruña, desde 1997 desenvolve e comercializa software de xestión empresarial. A día de hoxe con máis de 6000 clientes, 17.000 licenzas instaladas e 48.000 usuarios, son un referente no mercado do software de xestión nacional para todo tipo de empresas e sectores.
Impartido por
Sonia Varela Pérez
É consultora de software con máis de 20 anos de experiencia no sector tecnolóxico e de consultoría ERP.
Cando?
15 Out 2024Onde?
Quen participa?
- Sonia Varela Pérez
Para quen?
Empresas do sector da construcción e auxiliares tales como constructores, reformistas ou instaladores de calqueira gremio.