Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Como xestionar unha empresa de construción, instaladora ou de xestión de proxectos con SQL Obras. | Gaiástech

Como xestionar unha empresa de construción, instaladora ou de xestión de proxectos con SQL Obras.

Streaming

O obxectivo da sesión é dar a coñecer como un sistema de proxectos ERP que integra e automatiza os principais procesos e datos da empresa nunha soa plataforma, facilitando deste xeito a xestión e organización da compañía.

Un sistema de xestión ERP modular, altamente parametrizable e adaptado ás últimas normativas fiscais e legais  que permitirá as empresas construtoras e instaladoras administrar os seus proxectos.

Neste evento presentarase unha ferramenta ERP  específica para o sector da construción, e amosarase como administrar unha empresa construtora, instaladora ou de xestión de proxectos con SQL Obras. 
 

Programa:

  • Presentación do SQL Obras - programa específico para empresas de proxectos.
  • Departamento comercial. CRM.
  • Orzamentos.
  • Ciclos de compras e subcontratas.
  • Proxectos.
  • Gastos xenerais e análise económica.
  • Imputacións.
  • Ferramentas de mobilidade.
  • Certificacións e facturación.
  • Xestión de fabricación.
  • Xestión de reparacións.
  • Módulo Business intelligence
  • Quenda de preguntas.
     

Imparte:

Team System | Distrito K

Pertencente ao grupo Team System, é unha empresa galega cuxa sede está situada na Coruña, desde 1997 desenvolve e comercializa software de xestión empresarial.  A día de hoxe con máis de 6000 clientes, 17.000 licenzas instaladas e 48.000 usuarios, son un referente no mercado do software de xestión nacional para todo tipo de empresas e sectores.
 

Impartido por

Sonia Varela
Sonia Varela Pérez

É consultora de software con máis de 20 anos de experiencia no sector tecnolóxico e de consultoría ERP.

computer

Cando?

27 Mai 2025
De 10:00 a 11:00

Onde?

Streaming

Quen participa?

  • Team System | Distrito K
  • Sonia Varela Pérez

Para quen?

Empresas do sector da construción e auxiliares tales como constructores, reformistas ou instaladores de calquera gremio.