Comunicar dispositivos intelixentes a través da computación na Nube
Centro GaiásTech e Streaming
O obxectivo principal desta charla é dar a coñecer como se pode implementar unha comunicación simple entre un dispositivo físico e un un servidor usando computación na nube.
Programa:
- Explicación AWS e os seus usos máis frecuentes
- Explicación protocolo MQTT e Node-RED
- Creación de conta de AWS
- Crear instancia EC2 AWS
- Instalar e preparar Broker MQTT (Mosquito)
- Instalar e preparar Node-RED para recibir mensaxes de Arduino
- Conectar EC2 con Arduino – Programa Arduino xa prefeito
Impartido por
Marc Badosa Samsó
Estudou un grao en multimedia, máster en intelixencia artificial e en visión por computador. Referente experiencia profesional, ano e medio de desenvolvedor “full-stack” utilizando computación na nube e actualmente investigador en intelixencia artificial.
Cando?
14 Mar 2024De 18:00 a 19:00
Onde?
Centro GaiásTech e Streaming
Quen participa?
- Marc Badosa Samsó
Para quen?
- Docentes en tecnoloxía ou ciclos formativos técnicos
- Alumnado
- Profesionais das telecomunicacións ou sector TIC