Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Con Elas explorando o futuro. Faladoiro con Susana Ladra | Gaiástech

Con Elas explorando o futuro. Faladoiro con Susana Ladra

Streaming

No eixo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o Centro GaiásTech organiza tres faladoiros para que as relatoras invitadas compartan os seus coñecementos, experiencias e perspectivas únicas sobre diversos temas tecnolóxicos. 

O obxectivo da iniciativa é motivar e inspirar ás mulleres e nenas interesadas en incursionar en sectores STEM.

Programa:

Susana é Enxeñeira e Doutora en Informática e Graduada en Matemáticas, profesora titular na Facultade de Informática, investigadora do CITIC, adxunta de transferencia na Universidade da Coruña e vicepresidenta do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG).

As súas liñas de investigación desenvólvense na área da compresión de datos, a análise de algoritmos e estruturas de datos para bioinformática, bases de datos, minería de datos e recuperación de información.

Interveñen

Colabora:

citic

cpeig

Máis Información

Seguintes faladoiros:

susana ladra

Cando?

15 Feb 2024
De 10:00 a 10:30

Onde?

Streaming

Para quen?

Rapaces e rapazas de entre 12 e 16 anos.