Coñece o programa formativo Xeración Dixital: Expert@s en Transformación Dixital
O obxectivo da xornada é informar sobre esta formación gratuíta e oficial cuxo fin é desenvolver as habilidades necesarias para incorporarnos ao mercado laboral como axentes de transformación dixital, desenvolvendo e implementando a folla de roteiro da Dixitalización da Peme. Esta formación gratuíta e oficial está avalada e financiada pola Unión Europea Next Generation EU – Plan de Recuperación e Resiliencia do Goberno de España. Esta é a oportunidade que estabas a esperar.
Programa:
- Presentación da Universidade Camilo José Cela Impulso Dixital
- Presentación do programa formativo a mozos de ata 35 anos “Xeración Dixital: Expert@s en Transformación Dixital” 15 créditos ECTS.
- Presentación de melloras, bolsa de emprego, e Servizo de Orientación e Inserción.
- Quenda de preguntas
Interveñen
Imparte:

Universidade Camilo José Cela Impulso Dixital
Universidade Camilo José Cela Impulso Dixital nace da unión de tres entidades: Universidade Camilo José Cela, Gdoce Grupo Empresarial de Servizos e Proxecto Universidade Empresa, SL - PUE. Empresas con máis de 20 anos de experiencia en formación baseada nunha metodoloxía Learning By Doing. Somos institucións de Referencia Académica con profesorado experto profesional da aplicación da transformación dixital na PEME.

Cando?
01 Set 2023Onde?
Quen participa?
- Universidade Camilo José Cela Impulso Dixital
Para quen?
- Mozos ata 35 anos Desempregados/as ou
- Mozos ata 35 anos Ocupados/as (nunha PEME que teña entre 10 e 249 traballadores).