Coñece os beneficios de enlazar a túa tenda online co teu ERP
O propósito deste webinar é amosar como SQL Commerce permite integrar e automatizar os principais procesos de xestión empresarial mediante a súa conexión con plataformas de comercio electrónico como PrestaShop, WooCommerce e Shopify. Trátase dunha solución deseñada para sincronizar en tempo real o ERP coa tenda online, facilitando a xestión de pedidos, stock, prezos e clientes desde un único entorno.
Programa:
- Vantaxes de integrar un e-commerce cun sistema de facturación
- Xestión unificada de tarifas e inventario
- Descarga automática de pedidos
- Facturación automática
- Cobros unificados
- Xestión do envío dos produtos
- Informes unificados en tempo real
- Conexión con plataformas PRESTASHOP, WOOCOMMERCE e SHOPIFY.
Imparte:
Team System | Distrito K
Pertencente ao grupo Team System, é unha empresa galega cuxa sede está situada na Coruña, desde 1997 desenvolve e comercializa software de xestión empresarial. A día de hoxe con máis de 6000 clientes, 17.000 licenzas instaladas e 48.000 usuarios, son un referente no mercado do software de xestión nacional para todo tipo de empresas e sectores.
Impartido por
Sonia Varela Pérez
É consultora de software con máis de 20 anos de experiencia no sector tecnolóxico e de consultoría ERP.
Cando?
18 Nov 2025Onde?
Quen participa?
- Team System | Distrito K
- Sonia Varela Pérez
Para quen?
Empresas de calquera gremio, xa sexan distribuidoras, retail, construtoras, instaladoras, de servizos técnicos...