Conecta Senior no II Encontro CIBER.gal
No marco do II Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, o día 10 de novembro de 2022 ás 11.15h, Telefónica patrocina a actividade "Conecta Senior" creada para concienciar aos nosos maiores na importancia dunha conexión a internet cibersegura, co obxecto de que ninguén corra riscos co uso da tecnoloxía.
Programa:
Dentro do II Encontro CIBER.gal, celébrase unha xornada formativa en ciberseguridade co obxectivo de achegar a seguridade e a tecnoloxía ao público senior, axudándolles a ter máis autonomía nunha contorna cibersegura.
A dinámica desta actividade será a siguiente:
- Primeiro terá lugar unha charla interactiva e dinámica onde haberá interacción directa con todos os asistentes para ensinarlles casos reais de ciberseguridade e de autonomía dixital.
- Unha vez rematada a charla, realizarase un sorteo de 4 tablets entre os participantes da actividade.
- Por último, levaranse a cabo obradoiros voluntarios onde os asistentes poderán amosar calquera inquietude o dúbida sobre o uso das tecnoloxías e o aprendido durante a xornada.
Actividade dirixida a persoas maiores de 50 anos
Interveñen
Imparte:

Telefónica
Entidade adherida a CIBER.gal
Organiza:
Telefónica- Entidade patrocinadora VIP do II Encontro CIBER.gal
Máis Información
Actividade impartida por Nacho Álvarez, Responsable de Concienciación en Govertis-Telefónica Tech

Cando?
10 Nov 2022Onde?
Quen participa?
- Telefónica
Para quen?
Público Senior