Conectividade: Claves para a transformación dixital das pemes
En colaboración con AMTEGA, a Oficina AceleraPyme de ITG organiza este webinar no que falarán da conectividade como clave para a transformación dixital das pemes.
Farase referencia ao papel estratéxico que exerce a conectividade non só nos particulares senón tamén nas pemes. Mencionaranse as opcións que teñen dispoñibles as pemes e particulares para solucionar os seus problemas en zonas de difícil cobertura, así como cales serán as tendencias futuras respecto diso. O obxectivo é axudar ás pemes no seu proceso de transformación dixital para que lles permita optimizar os seus procesos de xestión internos.
Programa:
- Introdución
- Contexto actual, tipos de conectividade e as súas vantaxes
- Solucións para as pemes en zonas de difícil cobertura.
- Uso da conectividade para fomentar a transformación dixital das pemes
- Tendencias futuras (5G: Networking Slicing e Edge Computing)
- Dúbidas e preguntas
Máis Información
Relatores:
Javier Páez – Xefe de departamento de conectividade e inclusión dixital
Enxeñeiro de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo desde 2006. Na súa carreira profesional as súas funcións sempre estiveron relacionadas coa xestión de proxectos de despregamento de redes de banda larga así como a dixitalización de empresas. Actualmente ocupa o cargo de xefe de departamento de conectividade e inclusión dixital PARA a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Rubén Beiroa – Coordinador do Nodo 5G
Enxeñeiro en Electrónica Industrial e Automática pola Universidade de Vigo desde 2015. Está especializado en proxectos de IoT e automatización con dispositivos de baixo custo, conta con 5 anos de experiencia no desenvolvemento de proxectos IoT. Tamén exerce como asesor en proxectos de emprendemento e innovación así como na creación de contidos formativos.

Cando?
28 Mar 2023Onde?