Coñeza como modernizar e mellorar a súa empresa co sistema de xestión ERP, SQL Pyme.
O obxectivo da sesión é dar a coñecer como un sistema ERP integra e automatiza os principais procesos e datos da empresa nunha soa plataforma, facilitando deste xeito a xestión e organización da compañía.
Con independencia do sector ou actividade, un sistema de xestión ERP modular, altamente parametrizable e adaptado ás últimas normativas fiscais e legais supón un importante beneficio para calquera empresa. Neste evento presentaremos unha ferramenta ERP modular e altamente parametrizable coa cal empresas de calquera sector poden verse reflectidas. Actividades como distribución, venda retail, servizos técnicos, fabricantes ou empresas que xestionen proxectos terán oco neste webinar
Programa:
- Introdución a un sistema de xestión ERP multisectorial.
- Ferramentas de mobilidade asociadas a un ERP.
- Business Intelligence.
- E- Commerce.
- CRM.
- Trazabilidad avanzada de artigos.
- Servizos técnicos / SAT.
- Produción/fabricación.
- Proxectos.
- Compras, vendas e almacén.
- Finanzas e contabilidade.
- Quenda de preguntas.
Imparte:
Team System | Distrito K
Pertencente ao grupo Team System, é unha empresa galega cuxa sede está situada na Coruña, desde 1997 desenvolve e comercializa software de xestión empresarial. A día de hoxe con máis de 6000 clientes, 17.000 licenzas instaladas e 48.000 usuarios, son un referente no mercado do software de xestión nacional para todo tipo de empresas e sectores.
Cando?
10 Mai 2022Onde?
Quen participa?
- Team System | Distrito K
Para quen?
Calquera peme