Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Coñeza como modernizar e mellorar a súa empresa co sistema de xestión ERP, SQL Pyme. | Gaiástech

Coñeza como modernizar e mellorar a súa empresa co sistema de xestión ERP, SQL Pyme.

Streaming

O obxectivo da sesión é dar a coñecer como un sistema ERP integra e automatiza os principais procesos e datos da empresa nunha soa plataforma, facilitando deste xeito a xestión e organización da compañía. 

Con independencia do sector ou actividade, un sistema de xestión ERP modular, altamente parametrizable e adaptado ás últimas normativas fiscais e legais supón un importante beneficio para calquera empresa. Neste evento presentaremos unha ferramenta ERP modular e altamente parametrizable coa cal empresas de calquera sector poden verse reflectidas. Actividades como distribución, venda retail, servizos técnicos, fabricantes ou empresas que xestionen proxectos terán oco neste webinar.
 

Programa:

  • Introdución a un sistema de xestión ERP multisectorial.
  • Ferramentas de mobilidade asociadas a un ERP.
  • Business  Intelligence. 
  • E- Commerce.
  • CRM.
  • Trazabilidad avanzada de artigos.
  • Servizos técnicos / SAT.
  • Produción/fabricación.
  • Proxectos. 
  • Compras, vendas e almacén.
  • Finanzas e contabilidade.
  • Quenda de preguntas.
     

Organiza:

Team System | Distrito K

Pertencente ao grupo Team System, é unha empresa galega cuxa sede está situada na Coruña, desde 1997 desenvolve e comercializa software de xestión empresarial.  A día de hoxe con máis de 6000 clientes, 17.000 licenzas instaladas e 48.000 usuarios, son un referente no mercado do software de xestión nacional para todo tipo de empresas e sectores.
 

Impartido por

Sonia Varela
Sonia Varela Pérez

É consultora de software con máis de 20 anos de experiencia no sector tecnolóxico e de consultoría ERP.

distrito k

Cando?

24 Set 2024
De 10:00 a 11:00

Onde?

Streaming

Quen participa?

  • Sonia Varela Pérez

Para quen?

Calquera peme.