Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Control Parental - Tecnoloxía, infancia e mocidade: ferramentas para familias | Gaiástech

Control Parental - Tecnoloxía, infancia e mocidade: ferramentas para familias

Presencial (Centro GaiásTech)

Sesión formativa coa que se pretende achegar ferramentas e dinámicas para un mellor entendemento e achegamento ao uso das TIC.
 

Programa:

  • Información. Cales poden ser os riscos dun mal uso da tecnoloxía?
  • Responsabilidade e exemplo. Bases dunha boa educación dixital (establecemento de horários, limites, tempos para a desconexión dixital e, sobre todo, comunicación e presenza).
  • Prevención e control. Ferramentas e aplicación para o control parental, máis aló do Family link.
  • Recomendacións e boas prácticas para unha boa educación dixital na casa.
     

Impartido por

Felipe_Martinez
Felipe Martínez Hermo

Licenciado en Informática pola UDC. Conta con máis de 25 anos de experiencia como administrador de sistemas e desde 2012 colabora co CPEIG na execución de programas divulgativos en centros educativos, concienciando tanto ao alumnado como ás familias sobre o uso responsable da tecnoloxía.
 

control_parental

Cando?

10 Out 2025
De 17:00 a 19:00

Onde?

Presencial (Centro GaiásTech)

Quen participa?

  • Felipe Martínez Hermo

Para quen?

Cidadanía en xeral