Control total das túas obras: como mellorar a xestión e a rendibilidade cun ERP especializado
Nun sector cada vez máis competitivo, levar un control real das obras, dos custos e da rendibilidade xa non é unha opción, é unha necesidade.
Neste webinar amosarémosche como un ERP especializado, SQL OBRAS, pode axudarche a centralizar toda a información da túa empresa, automatizar procesos e tomar decisións con datos reais e actualizados.
Descubre como mellorar a planificación, controlar desviacións e aumentar a eficiencia na xestión de proxectos de construción, instalación ou servizos técnicos.
Programa:
- Presentación: retos actuais no sector da construción
- Como mellorar a captación e seguimento de clientes (CRM)
- Elaboración de orzamentos e control de custos
- Xestión de compras e subcontratas sen erros
- Planificación e seguimento de proxectos en tempo real
- Control de gastos xerais e análise de rendibilidade
- Imputación de custos e control de desviacións
- Mobilidade: acceso á información dende obra
- Certificacións e facturación simplificadas
- Business Intelligence: toma de decisión con datos
- Quenda de preguntas
Imparte:
Team System | Distrito K
Pertencente ao grupo Team System, é unha empresa galega cuxa sede está situada na Coruña, desde 1997 desenvolve e comercializa software de xestión empresarial. A día de hoxe con máis de 6000 clientes, 17.000 licenzas instaladas e 48.000 usuarios, son un referente no mercado do software de xestión nacional para todo tipo de empresas e sectores.
Impartido por
Sonia Varela Pérez
É consultora de software con máis de 20 anos de experiencia no sector tecnolóxico e de consultoría ERP.
Cando?
13 Mai 2026Onde?
Quen participa?
- Team System | Distrito K
- Sonia Varela Pérez
Para quen?
- Xerentes e responsables de empresas de construción
- Empresas instaladoras (electricidade, fontanería, climatización, etc.)
- Empresas de reformas e servizos auxiliares
- Responsables de proxectos e obras
- Profesionais que queiran mellorar o control e a rendibilidade dos seus proxectos