Coordinación entre o Responsable de Seguridade e o Delegado de Protección de Datos
O obxectivo da sesión é achegar as funcións do Responsable de Seguridade e o Delegado de Protección de Datos, dúas figuras que cada vez máis teñen presencia nas entidades privadas e públicas, obrigadas a entenderse, e sendo imprescindible a súa comprensión.
Programa:
- Preguntas frecuentes en ciberseguridade
- Normativa e estándares aplicables (RGPD. LOPDGDD, ENS, ISO 27001..)
- Responsable de Seguridade vs Delegado de Protección de Datos
- Obligatoriedade
- Funcións
- Obxectivos comúns
- Diferencias
- Posibles incompatibilidades
- Casos prácticos
- Quenda de preguntas
#ciberseguridade #privacidade
Interveñen
Imparte:

APDTIC
É unha consultora especializada na área legal-dixital, composta por un equipo multidisciplinar de profesionais dos ámbitos xurídicos e tecnolóxicos. O seu principal obxectivo é proporcionar unha cobertura legal as empresas e administracións nos seus retos dixitais.
O relator será André Castelo Pichel, Delegado de Protección de Datos, Certificado baixo o Esquema AEPD-DPD.
Organiza:
Agasol (Asociacion de empresas galegas de software libre)
Agasol é unha iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación non só para acadar maiores oportunidades de negocio, senón tamén para acadar unha maior interlocución entre o sector e outros axentes da economía, da administración e da sociedade. Ademais, procuramos un modelo de sociedade do coñecemento no que resulte clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles ese progreso.
Levamos en Galicia desde o ano 2007 e actualmente traballamos con empresas e gobernos de distintas partes de España, como Madrid, Andalucia, País Vasco, etc é en 20 países do mundo, como Corea do Sur, Xapón, USA, Finlandia,, etc e en 4 continentes

Cando?
19 Out 2021Onde?
Quen participa?
- APDTIC
Para quen?
Destinatarios da xornada: Entidades privadas e públicas, provedores de productos e servizos que traballen coa Administración Pública.