Curso básico de introdución a tecnoloxías intelixentes 
A Intelixencia Artificial, IA, está cada vez máis presente no día a día das persoas, de maneira automatizada a IA efectúa tarefas comúns. Por medio da IA é posible facer máis cómoda, segura e pracenteira a vida cotiá pero, somos conscientes de cando a estamos empregando?
 
A través deste curso analizaranse as nocións e características básicas da Intelixencia Artificial, o impacto desta tecnoloxía no día a día e algunhas aplicacións da IA a través de casos de uso co obxectivo de tratar de dar resposta ás seguintes cuestións:
 
- Que son as tecnoloxías intelixentes? Que é a intelixencia artificial?
- Que papel teñen estas tecnoloxías no noso día a día?
- En que punto de desenvolvemento atópase estas tecnoloxías?
- Que podemos esperar destas tecnoloxías nos próximos anos?
- Por que é necesario un marco ético para o uso e desenvolvemento das tecnoloxías intelixentes?
Esta formación será gravada para poder ser distribuída como ferramenta de formación gratuíta e será accesible desde a web do nodo galicIA ou desde a web de CeMIT. Realizaranse tamén dúas sesións presenciais os días 20 e 23 de setembro nas aulas CeMIT de Vigo e A Coruña.
Programa:
- Introdución ás tecnoloxías intelixentes
- Definición de tecnoloxías intelixentes
- Definición de intelixencia artificial
 
- Tecnoloxías intelixentes
- As tecnoloxías intelixentes presentes na nosa contorna
- As tecnoloxías intelixentes no noso día a día
- Contribución das tecnoloxías intelixentes á sociedade
- Estado actual de desenvolvemento das tecnoloxías intelixentes
- Límites das tecnoloxías intelixentes
- Futuro das tecnoloxías intelixentes
 
- Regulación e ética das tecnoloxías intelixentes
- Regulación existente para as tecnoloxías intelixentes
- A ética detrás das tecnoloxías intelixentes
 
Organiza:
 
  
Impartido por
 
        Rafael Villanueva
 
          Cando?
29 Set 2022 - 30 Set 2022Onde?
Quen participa?
- Rafael Villanueva
Para quen?
De 55 anos en diante
