Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Curso CCA CyberOps Associate | Gaiástech

Curso CCA CyberOps Associate

Este curso introduce os conceptos de seguridade fundamentais e habilidades necesarias para supervisar, detectar, analizar e dar resposta á ciberdelincuencia, ciberespionaxe, ameazas internas, ameazas persistentes avanzadas, requisitos normativos e outros problemas de ciberseguridade aos que se enfrontan as organizacións. Así mesmo, fai fincapé na aplicación práctica das habilidades necesarias para manter e garantir a dispoñibilidade de seguridade operativa dos sistemas en rede.

  • Obxectivos:
    • Comprender os principios, roles e responsabilidades involucrados nas operacións de ciberseguridade, así como as tecnoloxías, ferramentas, regulacións e estándares dispoñibles
    • Describir vulnerabilidades e ameazas comúns en dispositivos de usuario e infraestruturas de rede
    • Demostrar habilidades fundamentais aplicadas ao seguimento, detección, investigación, análise e resposta a incidentes de seguridade.
    • Clasificar eventos intrusivos segundo categorías definidas por modelos de seguridade e establecer accións defensivas.
    • Realizar con éxito as tarefas, deberes e responsabilidades dun analista de seguridade de nivel asociado nun Centro de Operacións de Seguridade (SOC).
  • Metodoloxía: presencial
  • Preríodo de inscrición: do 10 de abril ao 1 de maio (aquí)
  • Proba de selección: 4 de maio (proba técnica presencial no CNTG - Santiago de Compostela)
  • Martícula: gratuíta
  • Datas de celebración: do 22 de maio ao 15 de xuño
  • Prazas dispoñibles: 40

 

Programa:

​​​​​​Cunha duración de 80 horas e metodoloxía presencial, dende o 22 de maio até o 15 de xuño, impartiránse os seguintes módulos:

  • Módulo 1. Ciberseguridade: o Centro de Operacións de Seguridade – SOC
  • Módulo 2. Sistema operativo Windows
  • Módulo 3. Sistema operativo Linux
  • Módulo 4. Protocolos e servizos de rede
  • Módulo 5. Infraestrutura de rede
  • Módulo 6. Principios de seguridade en rede
  • Módulo 7. Ataques de rede: Unha inspección detallada
  • Módulo 8. Protección da rede
  • Módulo 9. Infraestrutura e Criptografía de clave pública
  • Módulo 10. Análise e seguridade de dispositivos finais
  • Módulo 11. Monitorización de seguridade
  • Módulo 12. Análise de datos de intrusións
  • Módulo 13. Resposta e xestión de incidencias

 

    Interveñen

    Organiza:

    Centro de Novas Tecnoloxías

    Máis Información

    Para información mais detallada: web oficial do CNTG

    curso

    Cando?

    22 Mai 2023 - 15 Xuñ 2023
    ao 15 de Xuñ de 2023

    Para quen?

    Profesionais de IT (enxeñeiras/os de Networking, administradoras/es de rede, etc.) que queiran iniciarse no tema da ciberseguridade, aumentando o seu coñecemento e experiencia nesta área.

    Para un maior aproveitamento do curso, recoméndase que o alumnado teña coñecementos básicos de sistemas operativos Windows e/ou Linux, e un nivel de coñecementos previos en redes equivalente a ter completados os módulos 1 e 2 do curso CCNA R&S (conceptos básicos de redes, coñecemento de sistemas binarios e hexadecimais, conceptos básicos de programación e coñecemento de consultas básicas de SQL).