PRAZAS CUBERTAS! Curso de capacitación: Automatización intelixente con Make e Zapier: Optimiza o teu negocio
Este curso de capacitación práctico, de 3 horas, ensinarache a crear potentes automatizacións utilizando Make e Zapier, dúas das plataformas líderes en integración sen código. Aprenderás a implementar bots de atención ao cliente en Telegram, WhatsApp e sitios web, automatizar correos electrónicos desde follas de cálculo, xestionar formularios e correos entrantes, e programar publicacións en redes sociais. Ideal para emprendedores, equipos de márketing, atención ao cliente e calquera persoa que queira aforrar tempo e aumentar a eficiencia operativa.
Prazas limitadas: máximo de 16 persoas asistentes.
Data límite para inscribirse: 19 de xuño
Programa:
- Bot de atención ao cliente en Telegram
- Chatbot para WhatsApp Business
- Chatbot personalizado para a túa web
- Enviar correos personalizados desde folla de cálculo
- Crear e publicar contido automaticamente en redes sociais
- Recordatorio diario ou semanal coa túa axenda
- Responder a formularios automaticamente
- Organizar correos e adxuntos automaticamente
- Responder automaticamente a certos correos
Imparte:
Train on Tech
Plataforma de Formación On-line orientada a profesionais da Industria e a Enxeñería.
Impartido por
Marc Badosa Samsó
Estudou un grao en multimedia, máster en intelixencia artificial e en visión por computador. Referente experiencia profesional, ano e medio de desenvolvedor “full-stack” utilizando computación na nube e actualmente investigador en intelixencia artificial.
Máis Información
- É obrigatorio inscribirse para poder participar na capacitación.
- Máximo de prazas: 16
- Data límite para inscribirse: 19 de xuño
Cando?
25 Xuñ 2025Onde?
Quen participa?
- Train on Tech
- Marc Badosa Samsó
Para quen?
Público xeral