Curso de introdución a Arduino
Datos básicos do curso:
- 7, 8, 13, 14, 20, 22, 27 e 29 de xuño de 2022
- De 18:00 a 20:00 H 16 horas totais (8 sesións de 2 horas)
- Asistencia: Presencial en Santiago ou remota en liña
- 30 prazas (10 completos con titorización, 20 oíntes)
- Material: Placas hardware (presenciais), simulador software (oíntes en liña)
- Asistencia controlada (ver máis información)
- O curso é de balde e por orde de inscrición
Na actualidade atopámonos nunha transformación dixital das nosas cidades, industrias e fogares, esta transformación dixital conlevará a integración de diversas tecnoloxías: Cloud Computing , Intelixencia Artificial, Big Data ou Realidade Aumentada entre outras. Para iso é preciso conectar todos aqueles elementos do noso entorno que nos permita obter un maior rendemento e unha reducción dos custos.
Neste proceso a plataforma Arduino pode xogar un papel importante abaratando custos, gracias a evolución do seu hardware (existen modelos para instalacións industriais), a gran cantidade de información e o abano de solucións que ofrece. Para desenvolver proxectos empregando un Arduino é preciso dominar 3 aspectos da plataforma: hardware e software de Arduino (plataforma), programación e electrónica.
Mediante sesións prácticas os/as asistentes desenvolverán aquelas habilidades imprescindibles e os coñecementos indispensables e comúns para calquer tipo de proxecto: IoT, domótica, automatización…etc.
Programa:
- Electrónica básica
- Montaxe de circuítos, análises e cálculos de correntes e intensidades. Manexe de resistencias, leds, potenciómetros e pulsadores. Análise das características técnicas dun Arduino.
- Software de Arduino
- Instalación de IDE do Arduino, manexo das funcionalidades da aplicación, instalación de librarías e drivers.
- Primeiros pasos coa programación
- Control de entradas/saídas dixitais
- Para a aprendizaxe da electrónica e programación das entradas e saídas dixitais dun Arduino, se parte do estudo e montaxe de circuítos básicos con resistencias leds e pulsadores para a súa posterior conexión cun Arduino e a súa programación.
- Temporizadores
- O control do fluxo de tempos e execución dun programa na maior parte dos proxectos é unha característica necesaria, por iso estudaremos as formas máis sinxelas de realizar temporizaciones nun còdigo de Arduino.
- Sistema binario
- En moitas ocasións un Arduino non funciona e non atopamos un motivo lóxico, conectando ben o circuíto e un programa sen erros, en ocasións estes erros veñen por un descoñecemento do funcionamento lóxico dun programa ou conceptos tan básicos como poden ser os bits de resolución. Para evitar estas situacións estudaremos os principios do sistema binario e a codificación de números e caracteres.
- Variables
- Coa base adquirida do sistema binario, presentásense os diferentes tipos de datos que pode manexar Arduino e a forma de empregalos nun programa
- Comunicación Serie
- Tanto a electrónica como a programación adoitan ser conceptos abstractos, utilizar a comunicación serie e que o Arduino transmita información e un computador e poder visualizala, vainos a permitir saber o que ocorre en todo momento nun Arduino. Por iso iniciaremos a práctica coa Comunicación Serie visualizando información enviada por un Arduino.
- Control de entradas/saídas dixitais
- Sensórica dixital e analóxica
- Continuando coa captura de datos, estudaremos a forma de manexar tensións dixitais maiores da operación de traballo dun Arduino pero tamén programaremos a captura de datos analóxicos mediante a lectura dun potenciómetro (previamente analizaremos a conexión de resistencias en serie e en paralelo).
- O obxectivo consistirá no control da luminosidade dun led, para iso explicarase o funcionamento dun sinal PWM e a súa programación. Para finalizar este punto, analizaranse casos reais de sinais analóxicos de 0-10V e de 4-20mA moi comúns en calquera tipo de instalación. O obxectivo é ser capaces de operar con calquera sensor analóxico.
- Programación estruturada
- Unha vez superados o uso dos pines analóxicos e dixitais dun Arduino, profundaremos na programación para poder desenvolver programas que poidan avaliar condicións e tomar decisións.
- Seguimento e control por porto serie
- Co uso básico visto no punto «Comunicación Serie» , estudaremos o funcionamento desta comunicación. Entendendo a forma de transmitir e recibir datos polo porto serie par logo poder realizar unha comunicación bidireccional e xa non só monitorizar datos dun Arduino se non poder enviar ordes e que o Arduino procéseas e execute.
- Funcións
- A medida que os nosos programas se complican son necesarios certos recursos par optimizar o seu rendemento, para iso, programaremos todos os tipos de funcións que pode manexar un Arduino
- Librerías
- Instalar e ser capaces de manexar calquera libraría serán os obxectivos deste último punto
- Instalar e ser capaces de manexar calquera libraría serán os obxectivos deste último punto
Interveñen
Imparte:
Train on Tech
Plataforma de Formación On-line orientada a profesionais da Industria e a Enxeñería.
Impartido por

Rubén Beiroa
Graduado en enxeñería electrónica industrial e automática pola Universidade de Vigo, conta con mais de 5 anos de experiencia tanto en formación sobre a plataforma de Arduino como o desenvolvemento de proxectos. Ditos proxectos foron desenvolvidos en aplicacións para automoción, alimentación, UAV, agricultura, domótica e industria entre outros.
Na súa labor docente conta con experiencia en formación para profesionais da industria e docentes TIC, conta tamén con dúas publicacións sobre a materia
Máis Información
A inscripción ao curso é de balde por orde de inscrición.
- Primeiras 10 prazas: Participante activo con titorización do profesor.
- Ata completar 30 prazas: Participante oínte, sen titorización.
As persoas inscritas nas 10 primeiras posicións poden modificar a súa participación en favor dunha das persoas da lista de oíntes.
A asistencia será controlada ao inicio e ao remate da sesión.
Esíxese asistir a todas as sesións, só se permite unha falta de asistencia. Os participantes activos que non asistan a unha sesión pasarán a ser oíntes, na segunda falta, serán excluídos. Os participantes oíntes que non asistan a unha sesión serán excluídos.
Os participantes excluídos poderán ser penalizados en posteriores formacións do GaiásTech, por este motivo aconséllase formalizar a inscrición se hai seguridade de asistencia a todas as sesións.
Imprescindible dispoñer dun ordenador particular

Cando?
Onde?
Quen participa?
Train on Tech Rubén BeiroaPara quen?
- Profesionais da industria
- Técnicos/as de mantemento
- Emprendedores/as
- Profesores/as de ensinanzas ou materias técnicas/tecnolóxicas
- Inventores, argalladores, makers