Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Curso Seguridade en IoT | Gaiástech

Curso Seguridade en IoT

O rápido aumento do número de dispositivos IoT conectados permite a dixitalización de todo o mundo, pero, ao mesmo tempo, intensifica a exposición ás ameazas de seguridade.

Con este curso dotarase ao alumnado de recursos para empregar as tecnoloxías máis avanzadas para realizar avaliacións de riscos e vulnerabilidades e, a continuación, se investigará e recomendará aplicar estratexias de mitigación de riscos contra ameazas de seguridade comúns nos sistemas IoT.

Programa:

O curso IoT Fundamentals: IoT Security, de Cisco, ensínalles aos/ás estudantes as habilidades de “White Hat Hacker” orientadas a realizar avaliacións de vulnerabilidade e risco. Tamén investiga e recomenda estratexias de mitigación para as ameazas comúns de seguridade nos sistemas IoT.

Partindo duns coñecementos básicos e ao longo dos 6 temas do curso o alumnado será quen de acadar os obxectivos de coñecemento que o capaciten para detectar e mitigar as ameazas de seguridade nos sistemas IoT.

Temario:

  • IoT baixo ameaza
    • Desafíos
    • Casos de uso
  •  Sistemas e arquitecturas IoT
    • Modelos de sistemas IoT
    • Modelos de seguridade IoT
    • Modelado de ameazas
  • Superficie de ataque nos dispositivos IoT
    • Introdución a dispositivos IoT
    • Vulnerabilidades e ataques ao hardware
    • Mitigación de ameazas na capa física
  • Superficie de ataque nas comunicacións IoT
    • A capa de comunicacións en IoT
    • Vulnerabilidades TCP/IP en IoT
    • Mitigación de ameazas IoT

Organiza:

cntg

Máis Información

O curso será en aula virtual e a proba de selección realizarase en liña, polo que tanto para a proba como para o seguimento do curso é necesario que as persoas interesadas en participar teñan:

  • Correo electrónico
  • Ordenador (preferentemente Windows ou MacOS) con conexión a Internet
  • Para seguir o curso é necesario que o equipo conte con altofalantes ou auriculares, micrófono e cámara web
security

Cando?

15 Xuñ 2022 - 30 Xuñ 2022
16:30 a 20:30h

Para quen?

Está especialmente recomendado para estudantes de grao medio e superior de FP do ámbito da Telecomunicación e da Informática; para estudantes ou graduados/as de titulacións universitarias técnicas e tamén está altamente recomendado para traballadores/as en activo que busquen obter as habilidades de "White Hat Hacker".