Deseño de proxectos con IA na empresa
O obxectivo da sesión é mostrar como a Intelixencia Artificial pode mellorar a eficiencia e competitividade das empresas do sector da biomasa. Abordaranse conceptos clave e aplicacións prácticas da IA, ferramentas accesibles como Power Automate, ChatGPT ou Notion AI, e casos reais que amosan o seu impacto en procesos como a xestión loxística, o seguimento de pedidos ou a automatización de informes.
Programa:
- Como identificar procesos automatizables na empresa
- Mapa de procesos.
- Ferramentas para priorizar tarefas repetitivas e susceptibles de IA.
- Deseño básico dun fluxo automatizado
- Uso de ferramentas como Zapier, Make, Power Automate.
- Integracións sinxelas: Outlook, Excel, CRM, ERPs….
- Boas prácticas e riscos
- Ética da IA.
- Privacidade, seguridade e regulación de datos.
- Dinámica de peche
- Exercicio práctico: detección de oportunidades en procesos reais da empresa.
- Identificación de posibles pilotos a implantar tras a formación.
Organiza:
Cluster da biomasa de Galicia
Asociación sen ánimo de lucro, constituída en febreiro de 2021, que agrupa empresas, entidades públicas e privadas, e outros actores crave do sector da biomasa en Galicia.
Impartido por
Matías Capobianco
É un profesional apaixonado pola innovación e a transformación dixital, con foco en intelixencia artificial, blockchain e deseño de experiencias de usuario. Ao longo da súa traxectoria liderou proxectos de transformación tanto no sector público como privado, e acompañou a startups na creación de MVPs orientados á captación e o onboarding de usuarios. Cre na experimentación, a aprendizaxe continua e en asumir riscos como motor de crecemento, impulsando solucións dixitais que xeran impacto real e sostible.
Cando?
05 Feb 2026Onde?
Quen participa?
- Matías Capobianco
Para quen?
Profesionais e empresas do sector forestal e da biomasa, profesionais de enxeñarías forestais e consultaría da industria, estudantes de grado ou máster relacionados co sector forestal e da biomasa, así como outros profesionais e técnicos con interese nas temáticas ofertadas.