Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

DevFest Santiago de Compostela | Gaiástech

DevFest Santiago de Compostela

Escola Técnica Superior de Enxeñaría USC, s/n Rúa de Lope Gómez de Marzoa, Santiago de Compostela, 15705

Achégase un dos maiores eventos TIC en Galicia!

Ao longo dos vindeiros xoves 30 de Novembro e venres 1 de Decembro de 2023, entre as 15:30h e as 20:30h, terá lugar o DevFest Santiago de Compostela 2023, un dos maiores eventos tecnolóxicos a nivel rexional e nacional.

Os DevFest son eventos a grande escala dirixidos por e para a comunidade tecnolóxica que teñen lugar anualmente por todo o mundo, polo que non hai dous DevFest iguais. No caso do DevFest Santiago de Compostela 2023, o lugar de celebración será a Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela. Profesionais, estudantes e aficionados compartirán coñecementos e ideas en torno á Intelixencia Artificial e o Desenvolvemento Web, eixos temáticos do evento e de grande relevancia na actualidade informática.

Programa:

O evento estará conformado por unha multitude de charlas e talleres prácticos pensados para público de todo tipo, dende persoas expertas ata público alleo ao sector sen coñecementos técnicos. As sesións serán impartidas por destacados profesionais do sector, contando coa presenza de Google Developer Experts como Carlos Azaustre, profesor e creador de contidos dixitais; Mercedes Rodríguez, especialista en IA conversacional; ou Thomas Steiner, doutor en ciencias da computación e especialista de Google en tecnoloxías web, entre outros moitos relatores de alto nivel.

Igualmente, ademais de ter o apoio de Google e a Escola Técnica Superior de Enxeñaría, o evento conta co patrocinio de empresas de renome, como Gradiant, Raiola Networks, 

Dinahosting, ou JetBrains, entre outras. Gracias a elas, ofreceranse refrixerios gratuitos durante o evento e sortearanse licencias de software entre os asistentes.
A reserva de entradas é gratuita, e debe realizarse dende a propia web do evento, onde tamén se recolle outra información de interese como a axenda e información loxística: https://devfest.gdg-sdc.org
 

Máis información sobre o programa en https://devfest.gdg-sdc.org/agenda

Interveñen

Organiza:

gdg-santiago

devfest santiago

Cando?

30 Nov 2023 - 01 Dec 2023
De 15:00 a 20:00

Onde?

Escola Técnica Superior de Enxeñaría USC, s/n Rúa de Lope Gómez de Marzoa, Santiago de Compostela, 15705