Día da internet 2022
- 1er webinar en castelán sobre o Marco Europeo de Competencias Dixitais DigComp 2.2: Novidades e aplicacións prácticas
- Arrinca o Reto Camiña en Dixital
Falta menos dun mes para que chegue o Día da internet e a programación posta en marcha para celebralo tráenos o primeiro seminario web en castelán sobre o Marco Europeo de Competencias Dixitais DigComp na súa versión 2.2. A experta Clara Centeo explicará as novidades e aplicacións prácticas deste modelo que permitirá que moitas máis persoas poidan adquirir as competencias requiridas polo contexto no que vivimos, profundamente marcado polo dixital.
A xornada servirá tamén para arrincar o Reto #Caminaendigital que, orientado especialmente ás persoas maiores, aúna a saudable experiencia de camiñar coa aprendizaxe dixital, todo iso co Camiño de Santiago como escenario.
Programa:
BLOQUE 1. NOVO MARCO EUROPEO DE COMPETENCIAS DIXITAIS DIGCOMP 2.2: NOVIDADES E APLICACIÓNS PRÁCTICAS
Dirixido a persoal de organizacións, institucións e asociacións cuxa actividade estea relacionada ou se vexa influenciada polo novo Marco Europeo de Competencias Dixitais.
- 10:00-10:30 Presentación institucional. A cargo de:
- Mar Pereira Álvarez. Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
- Presidencia da asociación Somos Dixital. Dirección Xeral de Telecomunicacións e Transformación Dixital de Castela e León.
- Miguel Pérez Subías. Promotor do Comité de Impulso do Día da internet. Presidente da Asociación de Usuarios da internet.
- Fernando Suárez Lorenzo. Presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).
- 10:30-11:15 Novo Marco Europeo de Competencias Dixitais DigComp 2.2: novidades e aplicacións prácticas. A cargo de:
- Clara Centeo. Investigadora Sénior, Unidade de Capital Humano e Emprego do Centro Común de Investigación da Comisión Europea.
BLOQUE 2. ARRINCA O RETO #CaminaenDigital
Orientado a persoas maiores e a axentes formadores e dinamizadores dos Centros de Competencias Dixitais.
- 11:30-11:40 Presentación
- Representante da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
- Miguel Pérez Subías. Promotor do Comité de Impulso do Día da internet. Presidente da Asociación de Usuarios da internet.
- Representante do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).
- 11:40-12:00 O dixital tamén é noso: maiores que contan.
- Persoas usuarias dos Centros de Competencias Dixitais comparten a súa experiencia.
- 12:00-12:45 Como sumar no Reto #Caminaendigital. Indicacións para a participación. Breve repaso á formación en apps e ferramentas para intervir no Reto.
- Persoal docente do CPEIG.
Interveñen
Organiza:
Máis Información
Coordina:
Colabora:

Cando?
Onde?