Do recoñecemento de imaxes ao procesamento da linguaxe natural: unha ollada aos últimos avances en IA
A intelixencia artificial (IA) converteuse nunha tecnoloxía crave na nosa vida cotiá, presente nunha ampla gama de aplicacións, desde a procura de información en liña ata o uso de asistentes virtuais que realizan tarefas específicas.
Para comprender mellor o impacto que a IA está a ter nas nosas vidas e na sociedade en xeral, é importante explorar os avances máis recentes nesta tecnoloxía, centrándonos en dúas áreas en particular: as intelixencias artificiais xerais (AGI) e os grandes modelos de linguaxe. A través desta exploración, poderemos analizar os posibles beneficios e desafíos da IA, incluíndo os riscos asociados coa súa constante evolución.
En resumo, esta sesión ten como obxectivo proporcionar unha visión xeral dos últimos avances en IA e como están a transformar o noso mundo.
Programa:
- Introdución: Evolución da IA nos últimos anos
- Que é o recoñecemento de imaxes?
- Procesamento da linguaxe natural (NLP)
- Que son os grandes modelos de linguaxe?
- Que é a intelixencia artificial xeral (AGI)?
- Desafíos e riscos da IA
- Quenda de preguntas
Impartido por

Cando?
15 Mar 2023Onde?
Quen participa?
- Gonzálo Blázquez Gil
Para quen?
Orientada a toda a cidadanía, independentemente do seu nivel de coñecemento en intelixencia artificial (IA). Posto que o enfoque será presentar os conceptos máis técnicos de maneira clara e accesible para calquera persoa interesada en aprender máis sobre os avances en IA. A sesión ten como obxectivo proporcionar información útil, punteira e relevante sobre a tecnoloxía para todos.