Ecosistema emprendedor - #MesD Formación en competencias para a transformación dixital | Gaiástech

Ecosistema emprendedor - #MesD Formación en competencias para a transformación dixital

Centro GaiásTech

Inscríbete

Para esta acción formativa definíronse os seguintes obxectivos específicos:

  • Analizar os distintos conceptos do ecosistema emprendedor.
  • Coñecer os diferentes axentes que operan no mercado e que poden axudar na creación e desenvolvemento dunha empresa.
  • Traballar e practicar as diferentes técnicas de ideación e resolución de problemas que proporciona o Design Thinking.
  • Identificar as diferentes fórmulas de financiamento de proxectos e ideas dispoñibles, tanto novas como xa coñecidas.

Programa:

  • Módulo 1. Introdución
  • Módulo 2. Terminoloxía do emprendemento: que é unha start up, coworking, etc.
  • Módulo 3. Axentes: incubadoras, aceleradoras, etc.
  • Módulo 4. De onde veñen as ideas (Design Thinking).
  • Módulo 5. Fontes de financiamento nas distintas fases (idea, semente, crecemento, escalado e saída)

Interveñen

Imparte:

Programa Crear Futuro - Red.es

Crear Futuro forma parte da  iniciativa Profesionais Dixitais de Red.es, enmarcada na área de Talento das liñas de actuación do Plan Estratéxico 2020-2022 de Red.es, cuxo fin é mellorar a empregabilidade, impulsando e favorecendo a adquisición de competencias para a transformación dixital grazas ao manexo das novas tecnoloxías dixitais.

red.es

Cando?

18 de Xaneiro de 2022
16:30 - 20:30

Onde?

Centro GaiásTech

Quen participa?

Programa Crear Futuro - Red.es

Para quen?

  • Profesionais que participen nos procesos de dixitalización e transformación dixital das súas empresas.
  • Profesionais que requiran actualizar a súa formación e incorporar as competencias dixitais para mellorar o seu desenvolvemento profesional ou a súa situación laboral.
  • Profesionais con inquietude emprendedora ou que aspiren a iniciar novos negocios dixitais (emprendedores que demandan formación).